Deixamos aquí a valoración e as ac achegas que fixeron os alumnos e as alumnas do colexio ás festas do outono.
Buscar neste blog
martes, 4 de xullo de 2023
EXPO FIN DE CURSO
Como remate do curso e da temática anual "A volta ao mundo" gozamos dunha xornada festiva, onde cada aula mostrou aspectos relacionados co seu país. O alumnado de infantil encargouse do MUSEO, onde mostrou obras dos distintos países. Dende a cociña chegaron ricos pratos de cada lugar. Unha xornada para lembrar.
O GALEGO DÁ MOITO XOGO
Actividade en colaboración co concello de Cabanas de sensibilización cara o uso do galego. Realizouse esta actividade nas sesións de EF e consistiu nunha xincana. Cada vez que superaban unha proba se lles daba unha letra ou sílaba (dependendo da idade) coa que formar a frase/slogan.
DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
Celebramos o día medioambiental cunha gran exposición de xoguetes feitos con material de refugallo que trouxo o alumnado. Ademais tivemos a visita de Xosé Manuel Ribeira, do museo de xoguetes “O comezo das cousas” de As Pontes que fixo uns obradoiros con todo o alumnado. En colaboración co concello de cabanas a rapazada de terceiro e cuarto de primaria recibiu a visita de Miguel Anxo Romero para falar do seu libro.
TVG
Os rapaces e as rapazas de sexto acudiron como participantes a un concurso de ciencias que fai a TVG.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O día das Letras Galegas celebrámolo durante toda a semana do 15 ao 19 de maio. Entre as actividades feitas podemos destacar as seguintes:
o
Actividades
relacionadas co autor homenaxeado. Francisco Fernández del Riego. Exposición
dos carteis sobre a súa vida e obra.
o
Intercambio
de “minilibros” elaborados polos nenos e as nenas.
o Celebración. A festa contou con tres momentos importantes.
O primeiro estivo relacionado coa explicación das partes da gaita. O segundo
foi a representación teatral da vida do autor homenaxeado por parte do alumnado
de 5º de E.I. e narrada por varios nenos e nenas de terceiro. Por último
cantamos todos xuntos o Himno Galego acompañados polo son da gaita.
DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Conmemoramos este día do seguinte xeito: tras a escoita da canción “Búscanse valentes” cada grupo aula decidiu poñer unha frase no mural e a súa foto.
OS MAIOS
Con esta festa recuperamos unha antiga tradición galega relacionada coa exaltación da primavera. Os nenos e as nenas traen os elementos ( follas, flores, ovos, paos...) para confeccionar o maio. A celebración xirou en torno a esta figura e as coplas que cantamos. Cantamos unha copla sobre o noso concello e os nenos e as nenas de cuarto deleitáronnos cunha bonita copla que prepararon co mestre especialista de música, seguindo a tradición popular.
SEMANA DO LIBRO
O Departamento da Biblioteca propuxo neste curso dúas actividades; por un lado convidar ao alumnado para que trouxera o seu libro preferido e viñera con algún elemento do mesmo; e por outro; a elaboración dun vídeo de como se fai un libro.
DÁLLE Á LINGUA
Neste trimestre o equipo de EDLG pensou na instalación dun panel con diferentes apartados relacionados coa lingua galega que colocamos na entrada do colexio.
SEMANA DA PRENSA
Do 6 ata o 10 de marzo celebrouse no colexio a Semana da Prensa con variedade de actividades para todos os niveis.
SAÍDA TRIPLE "LEITE, LÁ E MEL"
O curso pasado, cando traballamos o proxecto anual “Sitúate” quixemos poñer en marcha unha saída para a etapa de infantil que puxese en valor a riqueza da nosa contorna. Desta maneira o grupo de 3 anos foi visitar a cooperativa Campo Capela, os de 4 anos a asociación de Mulleres de Cabanas Rural e os de 5 anos a “Casa do mel”. Este ano repetimos a experiencia que tan enriquecedora foi.
8 DE MARZO - DÍA DA MULLER
É esta unha actividade de centro. Dende EDLG fixemos as nosas achegas. Finalmente xirou en torno a ás mulleres importantes para o alumnado e as súas profesións ou traballos.
DÍA DE ROSALÍA
Coincidindo con esta celebración e en colaboración coas familias traballamos a música e as emocións. Grazas ao concello de Cabanas tivemos unha representación teatral sobre a vida de Rosalía.
ENTROIDO
O Entroido estivo relacionado coa temática da “Volta ao mundo”. Durante a semana do 13 ao 16 fixéronse os “mandados do Meco”. O venres tivo lugar a gran festa coa asistencia das familias. Cada grupo realizou unha actuación relacionada co seu país. Para ese día os grupos prepararon unha ficha informativa do seu país. O xoves 16 tivo lugar un obradoiro de música e baile relacionado co Entroido no mundo, sen esquecer o noso. As propostas didácticas viñeron da man de Mercedes Prieto e Montse Rivera. Nas aulas, dependendo do nivel, traballáronse distintos contidos relacionados con esta festa tradicional galega; orixe, evolución, celebracións en determinados lugares, ...
na web do colexio hai moita máis información desta importante festa.
CONTO VIAXEIRO
Actividade que se realiza na etapa de infantil dentro das sesións de expresión oral. Consiste na elaboración dun conto entre as tres aulas. O alumnado vai elixindo ás personaxes, a secuencia da historia... Ao final fixemos un vídeo do mesmo.
DÍA DA PAZ
Dentro do programa de ER , o mes de xaneiro ten o título de “Pacificamos· durante todo o mes leváronse a cabo actividades relacionadas coa non violencia e a resolución pacífica de conflitos: lecturas, dinámicas, vídeos... Finalmente celebramos o día da Paz con dúas actividades: por un lado unha “Cadea de favores” e, decoración do banco de madeira para o “faladoiro” exterior.
NADAL
o Proxecto solidario. Recollemos alimentos para a operación
quilo e entregamos boletos para o sorteo da lotaría do Eladia o 22 de decembro.
O grupo de quinto de primaria organizou o sorteo. Cada aula obtivo un regalo e
o neno ou nena posuidor do número un pequeno obsequio.
o Amigo invisible. Na etapa de infantil fíxose un
intercambio de regalos seguindo o modelo de amigo/a invisible. Esta actividade
foi desenvolvida grazas á colaboración das familias xa que na casa tiveron que
completar unha tarxeta de datos dos seus fillos e logo decorar a bolsa e meter
o agasallo.
o Para agasallar ás familias elaborouse un vídeo onde todo
o alumnado cantou a canción de Xabarín “Volver a casa por Nadal”.
o Espectáculo de maxia. En dous pases puidemos gozar dun
espectáculo de maxia a cargo de Alex Lozano.
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
A actividade xirou en torno ao visionado de distintas curtas que tratan o tema da violencia machista. Posteriormente cada neno ou nena colaborou na elaboración do mural “Eladia en negro”. Na etapa de infantil colocaron elementos que lles suxería o vídeo, na etapa de primaria verbas. O mural quedou na entrada do colexio.
EXPOSICIÓN DO MILLO E SAÍDA AO MUIÑO DE TON
O millo é un cereal esencial na nosa terra; por iso este curso decidimos facer unha gran exposición onde o alumnado puidese coñecer todo o que o rodea: tipos, partes, cultivo, ferramentas, gastronomía,... O alumnado da etapa de infantil fixo unha saída a un muiño que se atopa moi preto do colexio para debullar e ver como se moe. Logo, no colexio, fixemos pan; desta maneira quedou pechado todo o proceso. A canción de “Pan de millo” estivo presente nestas actividades.
MAGOSTO
A festa do magosto empezou cun concerto de “Home orquestra”. A continuación, no exterior do colexio, degustamos as castañas en compaña das familias. O “home orquestra” foi deleitando coa súa música polos diferentes grupos. A actividade foi posible grazas á colaboración do concello de Cabanas que pagou o concerto.
OBRADOIRO DE FLORES COAS FOLLAS DO MILLO
SAMAÍN
Celebramos esta festa cunha exposición de Arte no Outono; nas casas as familias elaboraron diferentes composicións usando elementos da natureza. Ademais desa obra tiñan que poñerlle un título en galego. Como actividade lúdica planificamos unha xincana no pavillón do colexio en grupos mesturados, entre todos os niveis do centro.
A MIÑA AULA TEN NOME DE MULLER
·
O curso pasado cada aula elixiu un nome de muller, pensando en mulleres
relevantes da nosa contorna. Neste curso dedicamos algunhas sesións de inicio
de curso para que o alumnado que cambiase de aula coñecese o nome da súa aula.
ADIVIÑA A MÚSICA
No colexio o timbre que marca as entradas e as saídas así como o tempo de recreo é música. Neste trimestre, cada semana soa unha música que o alumnado debe adiviñar. Cada día deixase unha pista e os nenos e nenas introducen unha caixa de correos as respostas. Aínda que a musica é de distintos países do mundo a lingua na que se desenvolve toda esta actividade é a galega.
OBRADOIRO PODCAST
l Esta actividade, promovida polo
concello de Cabanas, foi ofertada para sexto de primaria. Durante varias
sesións aprenderon o funcionamento da radio. Remataron cunha sesión práctica en
radio Fene.
PROXECTO LOVA
Neste curso o proxecto desenvolveuse na aula de quinto de educación primaria. Todo o alumnado do colexio e as familias acudimos no mes de maio ao teatro Jofre de Ferrol para ver a obra.
APADRIÑAMENTO LECTOR
Recuperamos esta gratificante actividade cancelada en tempos de pandemia. Nela os maiores len un conto aos de menor idade.
VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES
Deixamos aquí a valoración e as ac achegas que fixeron os alumnos e as alumnas do colexio ás festas do outono. ...
-
A festa do magosto empezou cun concerto de “Home orquestra”. A continuación, no exterior do colexio, degustamos as castañas en compaña das...
-
Dentro do programa de ER , o mes de xaneiro ten o título de “Pacificamos· durante todo o mes leváronse a cabo actividades relacionadas coa...
-
A INICIO DE CURSO SEMPRE HAI UN TEMPIÑO DE ADPATACIÓN E TAMÉN PARA FALAR DAS NORMAS DE CONVIVENCIA. PASÁMOLO MOI BEN FACENDO ESTE VÍDEO.