Buscar neste blog

martes, 4 de xullo de 2023

VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES

 Deixamos aquí a valoración e as ac achegas que fixeron os alumnos e as alumnas do colexio ás festas do outono. 



EXPO FIN DE CURSO

 Como remate do curso e da temática anual "A volta ao mundo" gozamos dunha xornada festiva, onde cada aula mostrou aspectos relacionados co seu país. O alumnado de infantil encargouse do MUSEO, onde mostrou obras dos distintos países.  Dende a cociña chegaron ricos pratos de cada lugar.  Unha xornada para lembrar. 




O GALEGO DÁ MOITO XOGO

 Actividade en colaboración co concello de Cabanas de sensibilización cara o uso do galego. Realizouse esta actividade nas sesións de EF e consistiu nunha xincana. Cada vez que superaban unha proba se lles daba unha letra ou sílaba (dependendo da idade) coa que formar a frase/slogan. 




DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

  Celebramos o día medioambiental cunha gran exposición de xoguetes feitos con material de refugallo que trouxo o alumnado. Ademais tivemos  a visita de Xosé Manuel Ribeira, do museo de xoguetes “O comezo das cousas” de As Pontes  que fixo uns obradoiros con todo o alumnado. En colaboración co concello de cabanas a rapazada de terceiro e cuarto de primaria recibiu a visita de Miguel Anxo Romero para falar do seu libro.




TVG

 Os rapaces e as rapazas de sexto acudiron como participantes a un concurso de ciencias que fai a TVG.




SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 O día das Letras Galegas celebrámolo durante toda a semana do 15 ao 19 de maio. Entre as actividades feitas podemos destacar as seguintes:

o   Actividades relacionadas co autor homenaxeado. Francisco Fernández del Riego. Exposición dos carteis sobre a súa vida e obra.

o   Intercambio de “minilibros” elaborados polos nenos e as nenas.

o   Celebración. A festa contou con tres momentos importantes. O primeiro estivo relacionado coa explicación das partes da gaita. O segundo foi a representación teatral da vida do autor homenaxeado por parte do alumnado de 5º de E.I. e narrada por varios nenos e nenas de terceiro. Por último cantamos todos xuntos o Himno Galego acompañados polo son da gaita.






DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR


 Conmemoramos este día do seguinte xeito: tras a escoita da canción “Búscanse valentes” cada grupo aula decidiu poñer unha frase no mural e a súa foto.




OS MAIOS

 Con esta festa recuperamos unha antiga tradición galega relacionada coa exaltación da primavera.  Os nenos e as nenas traen os elementos ( follas, flores, ovos, paos...)   para confeccionar o maio. A celebración xirou en torno a esta figura e as coplas que cantamos. Cantamos unha copla sobre o noso concello e os nenos e as nenas de cuarto deleitáronnos cunha bonita copla que prepararon co mestre especialista de música, seguindo a tradición popular.




SEMANA DO LIBRO

O Departamento da Biblioteca propuxo neste curso dúas actividades; por un lado convidar ao alumnado para que trouxera o seu libro preferido e viñera con algún elemento do mesmo; e por outro; a elaboración dun vídeo de como se fai un libro.





DÁLLE Á LINGUA

 Neste trimestre o equipo de EDLG pensou na instalación dun panel con diferentes apartados relacionados coa lingua galega que colocamos na entrada do colexio. 

RECITAL POÉTICO

 Actividade a realizar o Día da Poesía na que participa todo o alumnado do colexio.



SEMANA DA PRENSA

    Do 6 ata o 10 de marzo celebrouse no colexio a Semana da Prensa con variedade de actividades para todos os niveis.



VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES

  Deixamos aquí a valoración e as ac achegas que fixeron os alumnos e as alumnas do colexio ás festas do outono.  ...